Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta versos

MAR DE SOÑOS (33 poemas)

Imaxe
-A poesía é poesía e a prosa é prosa. Dicir " prosa poética " é como dicir "auga seca" ou "lume frío" ...-  ( Quico Viz - quicoviz@gmail.com) MAR DE SOÑOS   -Pegadas na aréa- ------------- ENSOÑADA-MENTE Abrín os ollos  e atopei ó meu lado unha muller que me amaba,   e antes de que rematara o meu tempo de soñar,   decidín convertela a ela no meu soño…   --------------------------------------   OUTRA VEZ…   Outra vez soñei contigo, outra vez estabas comigo, outra vez te collín pola cintura para achegarte a min, outra vez te enchín de caricias mentres me dicías o que eu quero oír, outra vez as miñas mans che falaron do meu sentir, outra vez soñei  que te abrazaba como che gusta a ti,    outra vez durmirei para soñarte, e soñarei que te esperto   con un bico nos teus beizos, outra vez…  Outra vez soñarei que estás ó meu lado;     túas mans diranme o que a túa alma sente por min,  e as miñas m...