Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta contos

CRÓNICA DAS HORAS VELLAS

Imaxe
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS   OS DÍAS GRISES  Lémbraste daqueles invernos nos que chovía de cote e pasaban meses sen que se vira o sol…? A auga baixaba pola ladeira do Monte das Covas, e facía que o pobo se enchese de ríos de lama, de pedras e de garabullos. Non se podía andar polos camiños e, non había polainas, nin zocos, nin zamarra, que  abondaban para tornar tanta auga.  Ao Vilar, ademais da auga da choiva, chegaban os regatos que nacían no aba sur das Covas, e as leira quedaban asolagadas ata xa ben entrada a primavera. Un chisco alonxada desta lagoa que desaparecía pouco antes do tempo da sega, nunha cortiña que xa dende o século XVII pertenceu ós meus antepasados, nacía un manancial que non secaba en todo o ano; enchía un corgo que deixaba fuxir a auga coa que se regaba outra guichola: "o Pradiño" Alí onde por entón o fondo do vilar se chamaba "Terra Nova", a aquelas escorrentías do desbordamento do corgo xuntábaselle a auga que baixaba dende a Caeira ata o r...