CRÓNICA DAS HORAS VELLAS
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjBsNXuRhGfvor1yQmQBn67RO_2EC1I_QQjfFqU8tsKEJzHFz-V1i95tM6QigUzSbcGEA68B8D-3JEM8PVXLC7rrR3U8LFxs9kkUWhhZv4nqAG04OfffEExp_TiHOWBTz8HWSd6YBoLI9z0scf38khiopNvSVorct6UJqxU-GrfIz_JLucBWmWTPLN_Mw/w400-h264/Br%C3%A9tema.jpg)
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS (Agora que teño tempo...) OS DÍAS GRISES Lémbraste daqueles invernos...? Pasaban meses enteiros sen que se vira o sol; chovía sen parar, a auga baixaba dende as Covas carrexando follas, pedras, e terra; as rúas semellaran ríos de lama, case non se podía andar e non había zocos nin zamarra que abondasen para tornala auga. Os días eran curtos e grises, a electricidade fallaba de cote e quedabamos sen corriente durante días e días; había que botar man dos candís ou das velas pa poder ver no medio da escuridade. Apenas había escampadas e botábase máis tempo ó pe da lareira que en calquera outro lugar da casa. Á beira do lume tornábase o frío e secábanse os zocos ó tempo que se asaban chourizos, torresmos, ou castañas. Os avós contaban historias de cousas que disque pasaran había moitos anos; ás veces espallaban fantasía, e outras chegaban a ser tan tétricas e misteriosas que ata daban medo. Eu nunca quixen saber si eran certas ou non; gustábame qu