MAR DE SOÑOS (29 poemas)
-A poesía é poesía e a prosa é prosa. Dicir " prosa poética " é como dicir "auga seca" ou "lume frío" ...- ( Quico Viz - quicoviz@gmail.com) MAR DE SOÑOS -Pegadas na aréa- ------------- ENSOÑADA-MENTE Abrín os ollos e atopei ó meu lado unha muller que me amaba, e antes de que rematara o meu tempo de soñar, decidín convertela a ela no meu soño… ------------- ATENTA-MENTE Derrubei a porta do alén agardando atopar un sorriso agochado no tempo, e o soño que vive no vento, alumeou nos regueiros do mar dos meus ollos a lembranza da paixón do teu ser. A inesquecible fragancia do teu halo máxico, asolaga e prolonga a envexa e desexo das verbas esgotadas nun corazón embruxado polos soños dunha imaxe que me inspira e me leva a encher a vida co insaciable espazo da miña sede de ti. A enquisa viaxeira na bagaxe esquecida, navegará en mil mares buscando a re...