Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta costumes

CRÓNICA DAS HORAS VELLAS

Imaxe
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS   - NOTA PRELIMINAR: Déuseme por alí, e púxenme a escribir este relato lembrando algunhas historias e contos que oín ó longo da miña vida. Nesta nota preliminar expoño datos reais obtidos da documentación que en todo este tempo pasou polas miñas mans, así como anacos da historia que chegou a min por transmisión oral, sendo isto tan só unha pequena mostra dun traballo de investigación que oxalá sirva para que non se perda de todo unha historia que quixeron transmitirnos os nosos antepasados, e que polo que sexa, xa nunca conta ninguén. Polo demais, si me estás lendo, tes todo o dereito do mundo a crer ou non o que digo. Vou comezar falando do camiño da Devesiña, que forma parte da antiga senda dos arrieiros que xa no século X chegaba ata As Cruces dende Pontevedra , a cidade máis antiga de Galicia , por Silleda, Bodaño e Besexos para seguir por Cumeiro e Ferreirós ata Portodemouros, e polo ramal de Carboeiro, ata Fontao, Merza, e Bascuas para chegar ...