SOMBRAS DE CRISTAL (Relatos)
SOMBRAS DE CRISTAL -Cartas a Ti- Querida Ti: Que non che pareza raro si che digo que todo comezou a cambiar na miña vida; tardei en darme conta dos meus propios cambios, máis, aquel día e dende o primeiro momento sentín que o mundo que me envolve xa non é o mesmo. Sabes que non sempre son boas ou malas as cousas que no lo parecen e, aínda así, si nalgún momento fun consciente de que algo do que me foi infundido naqueles encontros puidese ser algo malo, acepteino coa inquietude de poder coñecer algo novo, algo que ademais, esta vez, estaba en min; foi por iso non quixen rexeitalo, aínda a sabendas de que, daquela, podía facelo. Foi o coñecemento de ter esa nova e descoñecida capacidade, o que me levou a querer controlar a parte dun mundo no que eses seres me integraron sen eu darme conta, mais para poder chegar a ter ise control, tiña que aprender a renunciar a ser eu; por iso che dicía que aínda que o mundo que me envolve e maila miña vida cambiaron dende aquela,...