Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta historias

CRÓNICA DAS HORAS VELLAS

Imaxe
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS  (Historias baseadas en feitos reais)   CAPÍTULOS DA PRIMEIRA PARTE: - A CASA DO SARXENTO - O MOZO DA MESTRA - O TEMPO AGARDADO - O TEMPO FUXIDO - ELEMENTO PERIGOSO - UN PANADEIRO NA GUERRA - OS DÍAS NA ALDEA - A FEIRA DAS CRUCES - O Nº 100 DA RÚA DO HÓRREO - O WOLFRAM; A CASA DA CAMPÁ - A PAZ DE PAPEL - AS OUTRAS GUERRAS - A CASA DE CANDA 2ª PARTE -O TEMPO ESNAQUIZADO Pepe botou a correr pola beira do río pa ser o primeiro en chegar ó pozo Peago; meu pai mais eu fomos indo a modiño, aproveitando tódalos craros que había entre os aveneiros pa facer os lances cos que tentabamos ás troitas. Cando chegamos ó Peago, non vimos a Pepe, mais non nos estrañou nada, pois sabiamos da súa cisma de ir sempre por diante, tanto pa ir río arriba coma pa ir río abaixo. Entretibémonos un anaco alí, no pozo do Peago; ibamos cambiar de sitio cando, nun recodo case sen auga, meu pai pescou unha troita enorme e xa nos esquecemos de seguir pescando. Estabamos sentados na herba, á be