Publicacións

SOMBRAS DE CRISTAL (Relatos)

Imaxe
SOMBRAS DE CRISTAL -Cartas a Tí-  Que non che pareza raro si che digo que aquel día todo comezou a cambiar na miña vida; tardei en darme conta dos meus propios cambios, máis, dende o primeiro día sentín que o mundo que me envolve xa non era o mesmo.  Sabes que non sempre as cousas que nos parecen boas o son e, si nalgún momento fun consciente de que algo do que me foi infundido naqueles encontros, puidese ser algo malo, acepteino co interese de coñecer algo novo, algo que ademais, esta vez, estaba en min, por iso non quixen rexeitalo, aínda a sabendas de que, daquela, podía facelo.  Foi o coñecemento de ter esa nova e descoñecida capacidade , o que me levou a querer controlar a parte dun mundo en que eses seres me integraron sen eu darme conta, mais para poder facelo tiña que renunciar a ser eu; por iso che dicía que aínda que o mundo que me envolve e maila miña vida  cambiaron dende aquela, eu non cambiei, ou a lo menos intenteino e..., sabes por qué? porque tiven m...

MAR DE SOÑOS (32 poemas)

Imaxe
-A poesía é poesía e a prosa é prosa. Dicir " prosa poética " é como dicir "auga seca" ou "lume frío" ...-  ( Quico Viz - quicoviz@gmail.com) MAR DE SOÑOS   -Pegadas na aréa- ------------- ENSOÑADA-MENTE Abrín os ollos  e atopei ó meu lado unha muller que me amaba,   e antes de que rematara o meu tempo de soñar,   decidín convertela a ela no meu soño…   -------------   ATENTA-MENTE   Derrubei a porta do alén  agardando atopar un sorriso agochado no tempo,  e o soño que vive no vento   alumeou nos regueiros do mar dos meus ollos  a lembranza da paixón do teu ser.  A inesquecible fragancia do teu halo máxico,  asolaga e prolonga a envexa e desexo  das verbas e sgotadas,   nun corazón  embruxado polos soños    dunha imaxe que me inspira e me leva a encher a vida  co insaciable espazo da miña sede de ti.  A enquisa viaxeira na bagaxe esquecida,  navegará en mil...