Publicacións

CRÓNICA DAS HORAS VELLAS

Imaxe
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS   OS DÍAS GRISES  Chovía, sempre chovía; chovía tanto que pasaban meses sen que se vira o sol. Os invernos enchían todo de frío e de escuridade; a auga arroiada que baixaba do monte, facía que o pobo se enchese de ríos de lama, pedras e garabullos que atuían os sumidoiros. Case non se podía andar por rúas e camiños, e non había polainas, nin zocos, nin zamarra, que  abondasen para tornar tanta auga.  No Vilar, a auga da choiva xuntábase coa dos regatos que chegaban da montaña, facendo que as leiras quedasen asolagadas ata xa ben entrada a primavera. Xa no outono e coas primeiras choivas, nos prados e labradíos comezaba a facerse unha lagoa á que pouco a pouco ían chegando troitas e anguías que, dende o río de Besexos, subían polas escorrentías dos corgos; nunca esquecerei o sabor daqueles peixes que a miña avoa fritía ó lume da lareira, nunha tixola de ferro con graxa de porco e unhas lescas de xamón, acompañadas con patacas cocidas coa pel...

213 ANACOS DE LUZ

Imaxe
Unha fotografía é un anaco de luz que garda para sempre a memoria dun intre.  ( Quico Viz )    quicoviz@gmail.com UNHA MADA DE BURBULLAS Unha mada de burbullas Orballo   Surfeando Burbulla nunha flor de limoeiro O ollo da choiva Patuñeira na horta da botica Pingueira con cisne ______________ BICHOS, HERBAS,  FRORES... Pardela   Flor de maceira  (1) Bolboreta Esfinxe branca (As Cruces)  Alegría de Guinea , Belém ( Impatiens Walleriana ) - Abegondo (A Coruña) Cisne - Gandarío (Bergondo - A Coruña) Paxariños, paxareira (Linaria triornithophora) Abella cuberta de polen, en flor de pasionaria Craviños, cravos de poeta  Abellón  Flor de maceira (2) Araña comendo Cartucho bravo / Cala salvaxe Paporrubio cantando Dedaleira Mantis       Rosa Pullman Orient Spress Xuvenca Rubia - Bodaño (As Cruces)  Hibisco vermello - (L'Eliana -Valencia) Bolboreta vermella - Besexos (As Cruces) Árbore da seda, Acacia de Constantinopla (Albi...