Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta galicia

SOMBRAS DE CRISTAL

Imaxe
SOMBRAS DE CRISTAL -Cartas a Tí- O COMEZO Vou a contarcho dende o principio e aínda así non o vas a entender...  Detívenme na mesma lousa grande que hai á beira do pozo, na que tantas veces me parara a descansar ou a comer un bocadillo. Cando me pareceu, erguinme, colguei o zurrón ó ombreiro e, antes de que me dese tempo a dar un paso, xa estaba metido na auga. Despois foi como se o río turrase de min; a cada movemento meu algo me levaba outra vez ata o fondo. Non había nada que me impedise moverme nin nada no que puidera estar encerellado, mais non era capaz de saír á superficie.  Deixei que me levase a corriente, pensando que ó chegar á presa do pozo podería saír aínda que fose arrastras. Non sei canto tempo levaba xa no fondo do río; os pulmóns pedían aire e por máis que me deixaba levar pola auga ou tentaba nadar, parecíame que non me movía do sitio. Nun intre, comecei a ver  un espazo infinito, alumeado e brillante e tiven a sensación de que alguén a quen non conseguín ver se

CRÓNICA DAS HORAS VELLAS

Imaxe
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS - 2  (Agora que teño tempo...)   OS DÍAS GRISES  Lémbraste daqueles invernos...? P asaban meses enteiros sen que se vira o sol; c hovía sen parar, a auga  baixaba dende as Covas carrexando follas, pedras, e terra; as rúas semellaran ríos de lama, case non se podía andar e non había zocos nin zamarra que abondasen pa tornala auga.  Os días eran curtos e grises, a electricidade fallaba de cote e  quedabamos sen  corriente  durante días e días; había que botar man dos candís ou das velas pa poder ver no medio da escuridade. Apenas había escampadas e botábase máis tempo ó pe da lareira que en calquera outro lugar da casa. Á beira do lume tornábase o frío e secábanse os zocos ó tempo que se asaban chourizos, torresmos, ou castañas. Os avós contaban historias de cousas que disque pasaran había moitos anos; ás veces espallaban fantasía, e outras chegaban a ser tan tétricas e misteriosas que ata daban medo. Eu nunca quixen saber si eran  certas ou non; gustábame quedar