MAR DE SOÑOS (Poesía)

MAR DE SOÑOS -Pegadas na aréa- ------------- Abrín os ollos e vin ó meu lado á unha muller que me amaba, e antes de que rematara o meu tempo de soñar decidín convertela a ela no meu soño… ------------- Cada vez que ós ollos te miro, ata a túa alma voa a miña alma, e cada vez que os teus ollos me miran, nas túas miradas se asoma e me chama. ------------- -N on teño barcos pa viaxar polos mares; tan só teño unha gamela coa que navego tódolos días polos recantos dun mar de soños, tan grande, que toda a vida non chega pa describir cada instante - ------------- Para doarche os soños que en min naceron estando contigo, inventei unha flor, un mar, un mundo, un verso, un camiño. Para entregarche o mellor do que na bagaxe dos anos gardo na alforxa que viaxa comigo, dareiche un corazón e unha vida na que afloran os sentidos. ------------- TEMPO... Desoutro lado do río vello, nun lugar no que a luz afoga nas follas dos abeneiros e o chan se alfombra coa mes