Publicacións

CRÓNICA DAS HORAS VELLAS

Imaxe
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS - 2  (Agora que teño tempo...)   OS DÍAS GRISES  Lémbraste daqueles invernos...? P asaban meses enteiros sen que se vira o sol; c hovía sen parar, a auga  baixaba dende as Covas carrexando follas, pedras, e terra; as rúas semellaran ríos de lama, case non se podía andar e non había zocos nin zamarra que abondasen pa tornala auga.  Os días eran curtos e grises, a electricidade fallaba de cote e  quedabamos sen  corriente  durante días e días; había que botar man dos candís ou das velas pa poder ver no medio da escuridade. Apenas había escampadas e botábase máis tempo ó pe da lareira que en calquera outro lugar da casa. Á beira do lume tornábase o frío e secábanse os zocos ó tempo que se asaban chourizos, torresmos, ou castañas. Os avós contaban historias de cousas que disque pasaran había moitos anos; ás veces espallaban fantasía, e outras chegaban a ser tan tétricas e misteriosas que ata daban medo. Eu nunca quixen saber si eran  certas ou non; gustábame quedar

ANACOS DE LUZ (Fotografía)

Imaxe
Discordancia celeste  A Xunta dos ríos - Brocos (Agolada)  A facedora de nubes  Muller transparente con paraugas verde Refrexos do sol nunha farola  Pardela voando  Gata Salvaxe  Xogos de Outono  Camuflaxe  Ente transparente coa bolsa da compra Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos (Lousame) Estampa do monte de Bodaño (As Cruces)  Parrulo mariñeiro    Casa de Man - Camelle  Fraga de Catasós (Lalín) Lagarto na fiestra  Pazo Cotón - Negreira (A Coruña) Orquídea Brava en Finca Real (Negreira - A Coruña)  Esquío de inverno  A onde o corpo me leve...  Ceo atemperado  Flor amarela (As Cruces)  Nenos no parque (Kendric e Kendal)  Brínquedos de avoiña boa  Banquete (hora de xantar)  "Coco" en zapatillas  Brillos de Almuñecar (Granada) "Lúa" na fiestra  Cala (Espinho - Portugal) "Lisa" glamourosa   Outono en Támesis Square (Londres)  Abellón da froita Pandeireteira de Navia de Suarna  O muiño da Basebe (Río Ulla)  Mariola (Retrato dunha voz)  Xerbeira (Camden Town -